
Pink Floyd foi un grupo británico de música rock.
Foron dos primeiros en producir videos e películas musicais a partir dos seus traballos. Nos 70 foron un dos grupos que máis discos vendeu en todo o mundo e foron pioneiros no terreo do son do rock progresivo.
Os seus integrantes son:
* Syd Barrett(compositor, vocalista e guitarra líder), de 1965/1968.
* Roger Waters (compositor, vocalista e baxista; ocasionalmente guitarra), de 1965/1985.
* David Gilmour (compositor, vocalista e guitarra líder), de 1968/-
* Richard Wright (tecladista, ocasionalmente compositor e vocalista), de 1965/-(a súa membresía estivo interrumpida de 1979 a 1987).
* Nick Mason (baterista, percusionista, ocasionalmente compositor e vocalista), de 1965/-.
* Bob Klose (guitarra líder), 1965
Orixe Cambridge, Inglaterra
Período de actividade 1965 - 1994
2003 - 2007
Xénero(s) Rock progresivo
Selos discográfico: Capitol, Columbia, EMI
Web oficial www.pinkfloyd.co.uk
O Comezo
En 1967, despóis de varias sesións instrumentales e presentacións en vivo, principalmente na taberna U.F.O., deciden elaborar o seu primeiro disco The Piper at the Gates of Dawn.
En 1968, Syd Barrett comezou a facerse cada vez máis impredecible e os espectáculos do grupo foron resintindose cada vez máis. Por tal motivo, o grupo chamou ao amigo de Barrett e tamén músico David Gilmour, para asistirlo na guitarra e voces. Barrett compuxo a maior parte do primeiro álbume do grupo The Piper at the Gates of Dawn de 1967 e unha pequena parte do segundo álbume A Saucerful of Secrets de 1968. Pouco a pouco a figura de Barrett fíxose cada vez máis ausente, ata que finalmente deixou de participar nos traballos có grupo. Os demáis compoñentes sempre o recordarían con afecto e chegarían a dedicarlle cancións coma "Wish You Were Here" e "Shine on you crazy diamond". Desta forma comezaron a compoñer e liderar o grupo Gilmour e Waters.
Por eses anos Pink Floyd comeza a recibir propostas para dedicarse á elaboración de bandas sonoras, pola súa destreza e complexidade na composición experimental, debido a iso e para non deixarse encasillar por vertentes ou estereotipos musicais, así coma por esa grande influencia que Syd Barrett deixara neles, deciden involucrarse nun autorrecoñecemento como banda e persoalmente facendo o seu seguinte disco dobre Ummagumma.
O recoñecemento e a Era Waters:
En 1979 publicase a ópera rock The Wall, concebida principalmente por Roger Waters, que devolveu a Pink Floyd ás listas de éxitos e que actualmente é o terceiro disco máis vendido na historia. Entre outros, o tema "Another Brick in the Wall, Part II", unha crítica á educación infantil, foi número un e converteuse casi nun lema contra o sistema educativo. Con The Wall o grupo fixo unha xira cun colosal montaxe seguindo a historia desta obra conceptual.
The Wall é unha obra conceptual cunha historia completa pensada para ser levada ao cine, aínda que ata 1982 non saíu á luz a película "Pink Floyd: The Wall", adaptada polo propio Roger Waters, dirixida por Alan Parker e protagonizada por Bob Geldof, o líder do grupo Boomtown Rats.
En 1983 sacaron o álbum The Final Cut (literalmente "O último corte", que anunciaba o seu último traballo xuntos), que retomaba traballos non incluídos en The Wall. Tamén significou a aparición de cancións relacionadas con temas de actualidade, algo imposto por Roger Waters e que seguiu facendo na súa carrera en solitario, coma o tema "The Fletcher Memorial Home" no que se reflicte a rabia de Waters en relación á intervención británica na Guerra das Malvinas ( A Guerra das Malvinas ou Guerra do Atlántico Sur foi un conflito armado entre Arxentina e o Reino Unido ocorrido nas illas Malvinas, Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur entre o 2 de abril e o 14 de xuño de 1982 pola soberanía sobre estes arquipélagos austrais ocupados en 1833 e dominados desde entón por Reino Unido).
Ruptura de Roger Waters
Despois de The Final Cut, os compoñentes do grupo separaron as súas carreiras e comezou unha batalla legal polos dereitos da banda, fundamentalmente entre Roger Waters e David Gilmour, xa que mentres o primeiro desexaba a súa desaparición definitiva, o segundo quería continuar o traballo co resto dos membros. Roger Waters abandonou formalmente o grupo en 1985 coa fin de apoiar a súa postura legal respecto á existencia do grupo. Finalmente David Gilmour e Nick Mason conseguiron os dereitos sobre o nome Pink Floyd, aínda que Roger Waters mantivo os seus dereitos sobre gran parte da obra anterior do grupo.
A Era Gilmour
Así, en 1987 Pink Floyd publica o álbum A Momentary Lapse of Reason sen Roger Waters, no que tamén participou Richard Wright como músico de sesión. En 1988 publicaron o álbum Delicate sound of thunder, gravado durante a xira de A momentary lapse of reason. Nel xa figura outra vez Rick Wright coma membro oficial de Pink Floyd.
En 1994 publican The Division Bell. Posteriormente, en 1995, publícase un álbum dobre en vivo chamado P.U.L.S.E.
Live 8
O 2 de xullo de 2005, tras unha longa historia de pelexas e demandas, Roger Waters reuniuse cos seus antigos compañeiros para unha presentación de só 4 temas no concerto de Live 8. O histórico concerto foi a primeira presentación de Roger Waters coa banda despois de 20 anos de separación. Para o grupo tamén foi o primeiro concerto xuntos tras 10 anos de inactividade.
Links de interese:
Partitura de Nobody's home:

me parece un blog muy interesante y creo que mereceis por lo menos un 5;)
ResponderEliminarfeas!
nada mas ke decir
como mola nuestro blog a fuego achanta buu neno buu
ResponderEliminarCOMO MOLA VUESTRO BLOG SOBRE PINK FLOYD
ResponderEliminarXD
XD